Expourense acollerá este sábado a XLII Copa Deputación de Ourense de Balonmán

OurenseXa
A competición reunirá aos cinco clubs de balonmán que actualmente representan á provincia: Club Balonmán Miño, Club Balonmán Pabellón Ourense, Escola Balonmán Ribadavia, Club Deportivo Cultural Ribeiro e Asociación Deportiva Balonmán Carballiño
copa-deputacion-balonman-ourense
23 May 2025

Este sábado, 24 de maio, o balonmán ourensán vivirá unha das súas citas máis destacadas coa celebración da 42ª edición da Copa Deputación de Ourense de Balonmán, un evento xa consolidado no calendario deportivo da provincia. A xornada desenvolverase no recinto feiral de Expourense, co apoio da Deputación de Ourense.

A competición reunirá aos cinco clubs de balonmán que actualmente representan á provincia: o Club Balonmán Miño, o Club Balonmán Pabellón Ourense, a Escola Balonmán Ribadavia, o Club Deportivo Cultural Ribeiro e a Asociación Deportiva Balonmán Carballiño. Ao longo do día, os seus equipos —desde as categorías base ata sénior— enfrontaranse en distintos formatos, que irán desde ligas de todos contra todos ata eliminatorias a partido único, en función de cada categoría.

A xornada comezará ás 10.00 horas cos partidos de minibalonmán e estenderase ata as 13.45 horas, momento no que se celebrará a entrega de medallas aos participantes máis novos. Pola tarde, a partir das 16.00 horas, será a quenda das categorías infantil e sénior, e está previsto que a entrega de trofeos teña lugar ás 20.00 horas, unha vez finalizados todos os encontros.

Alén da competición, esta cita será tamén unha festa do balonmán provincial, na que se agarda unha gran afluencia de público. Expourense converterase nun punto de encontro para xogadores, adestradores, familias e afeccionados, nunha xornada que busca dar visibilidade ao traballo e esforzo que os clubs ourensáns realizan durante todo o ano.

⚙ Configurar cookies
0.14043688774109