Expourense participou nas celebracións do Día de Galicia da 57ª Feira AGRO de Braga

A 57ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebra dende onte e ata o vindeiro domingo na localidade portuguesa de Braga, organizou hoxe o Día adicado a Galicia. A provincia de Ourense estivo representada polo director territorial en Ourense da Consellería do Medio Rural, José Antonio Armada, e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.
En virtude dos convenios de cooperación transfronteiriza que Expourense mantén con distintas entidades do Norte de Portugal entre as que se atopa o recinto Forum Braga onde se está a celebrar AGRO, Expourense conta cun stand dende o que está a promocionar as súas vindeiras citas vencelladas ó sector primario e ó turismo e nas que o mercado portugués xoga un importante papel. Ambas as dúas entidades levan máis de dúas décadas anos colaborando para garantir a promoción dos seus recursos nos eventos organizados pola outra e que están vencellados co termalismo, a gastronomía, o turismo activo ou o viño, potencialidades que comparten as dúas áreas da Eurorrexión.
Durante a visita da comitiva oficial do día ó stand de Expourense, ofreceuse unha degustación de produtos galegos como é o caso dos viños da Denominación de Orixe Monterrei, entidade colaboradora de Expourense durante todo o ano. A comitiva local estivo integrada polo administrador da Invest Braga, Carlos Silva; polo vereador de Ambiente e Desenvolvemento Rural da Cámara Municipal de Braga, Altino Bessa; e polos responsables do recinto, José Olimpio e Henrique Martins.
Con esta participación en AGRO, Expourense reforza as súas relacións de cooperación transfronteiriza especialmente enfocada ao ámbito agroalimentario e ó turismo de proximidade co obxectivo de fomentar a competitividade das empresas galegas e, dun xeito especial, dos pequenos produtores ou cooperativistas.
AGRO é unha cita que desenvolve un relevante papel de promoción e divulgación dos produtos e que serve de punto de encontro das empresas agroalimentarias de todo Portugal recibindo máis de 50.000 visitas en catro días.