Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa toma posesión como novo concelleiro do PP en Ourense

OurenseXa
Rodríguez Nóvoa substitúe no cargo a Miguel Ángel Michinel, que anunciou a súa dimisión o pasado 8 de novembro
Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense
Grupo Muncipal do PP no Concello de Ourense
13 Dec 2024

Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa tomou posesión esta mañá do seu cargo como conselleiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Ourense, durante a celebración do Pleno Ordinario do mes de decembro.

Rodríguez Nóvoa substitúe no cargo a Miguel Ángel Michinel, que anunciou a súa dimisión o pasado 8 de novembro.

Nun comunicado, Michinel expresaba que o seu paso pola política municipal resultou frustrante, aludindo á "desigualdade no escrutinio público" que reciben os grupos políticos, considerando que o grupo popular foi sometido a unha vixilancia moito máis rigorosa que outras formacións. Sinalou ademais que certos grupos, que apoian o alcalde, critican ao PP mentres manteñen o pacto con Jácome, un comportamento que cualificou de "cínico" e "surrealista". A esta situación sumou o seu rexeitamento á dinámica política, que inclúe "interminables discursos baleiros e carentes de sustancia," en contraste coa solidez que esperaba na administración pública.

Michinel atribuíu tamén a súa decisión a razóns persoais e profesionais, mencionando o crecemento das súas responsabilidades na Universidade de Vigo, onde ocupa o cargo de secretario xeral. Explicou que a complexidade e o inesperado cambio da política local, xunto coa súa falta de experiencia política, o levaron a considerar a súa retirada.

0.075567007064819