Franciso Lorenzo substituirá a Gonzalo Pérez Jácome na Deputación de Ourense

OurenseXa
Jácome deixará oficialmente a súa acta como deputado provincial no pleno deste venres
francisco-lorenzo
26 Jan 2026

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deixará oficialmente a súa acta como deputado na Deputación Provincial de Ourense no pleno previsto para este venres, 28 de xaneiro, onde será substituído polo concelleiro Francisco Lorenzo.

A decisión, sinalaba o alcalde de Ourense o pasado 28 de decembro ao facer pública a decisión, responde a motivos tácticos e organizativos para permitir que outro concelleiro de Democracia Orensana (DO) poida dedicar máis tempo e participar activamente nos plenos da institución.

Jácome sinala que a súa prioridade é centrarse na alcaldía e na preparación dos próximos procesos electorais previstos para 2027 e 2028, que requiren, di, toda a súa atención.

Francisco Lorenzo é un dos homes fortes do alcalde, e actualmente ocupa o cargo de concelleiro dentro da área de 'Urbanismo, Vivenda e Patrimonio' e 'Medio Ambiente' e, na última etapa do anterior mandato, chegou a ser xefe de gabinete.

⚙ Configurar cookies
0.084563970565796