Funergal celebrarase do do 16 ao 18 de maio en Expourense
O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse esta mañá coa directiva da Asociación de Empresas Funerarias de Ourense, liderada por Rubén Campo Fidalgo. No encontro abordáronse as liñas de cooperación que desde a institución provincial se poden levar a cabo con este colectivo formado por pequenas empresas de carácter familiar.
Así, unha desas liñas abertas estará centrada na feira especializada Funergal, que se desenvolve en Expourense. “Ao tratarse dunha feira de carácter singular no seu ámbito e con gran relevancia estatal, desde a Deputación colaboraremos para impulsar a visibilización do sector nese estupendo escaparate”, explicou o presidente provincial, Luis Menor.
A Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, Funergal, desenvolverase do 16 ao 18 de maio e será o punto de encontro profesional do sector funerario para este 2024, reunindo aos empresarios de España e Portugal en torno ás últimas novidades do sector.