Funergal remata a súa quinta edición posicionando a Ourense no mapa internacional do sector funerario

OurenseXa
A Feira Internacional de Productos y Servizos Funerarios pon o peche final a unha edición que reuniu a máis de 50 expositores de 8 países
funergal_expourense
Funergal
19 Maio 2024

Funergal remata este domingo en Expourense a súa 12ª edición posicionando a Ourense no mapa internacional do sector funerario ao reunir a 55 expositores de 8 países e visitantes profesionais dunha vintena de países de 4 continentes.

A gran afluencia de visitas recibida durante esta primeira xornada ratifica o apoio dos profesionais do sector á única feira internacional funeraria celebrada este ano na Península e o único evento que ofrece negocio presentando o último en produtos e servizos. Mostra do interese que suscita Funergal é a participación de dúas amplas delegacións de representantes dunha das principais funerarias de Ecuador (Vidanova) e dunha das do Salvador (Funerais e Capelas Ismael Guzmán), ademais doutros empresarios de México.

A innovación e a sustentabilidade marcaron as novidades nos produtos e servizos presentados nesta cita polos 55 expositores procedentes de 8 países (China, España, Francia, Italia, México, Países Baixos, Polonia e Portugal) entre os que destacan empresas punteiras e asociacións de profesionais do sector que están a presentar as últimas tendencias. No que respecta a os coches fúnebre, a tendencia indica que esa “última viaxe” farase nun coche 100% eléctrico e de alta gama como un Tesla, un Maserati ou varios modelos de Mercedes-Benz como o EQE.

No referente a cadaleitos a oferta continou incluíndo os de madeiras nobres, pero tamén outras opcións máis ecolóxicas como os de fibra de celulosa que apenas pesan, son de fácil combustión e non contaminan. Tamén os hai dedicados ao Camiño de Santiago e ás Illas Cíes.

O incremento das incineracións (o 45% en España fronte ao 55% que aínda prefire a inhumación) conleva tamén o aumento da oferta de urnas de conservación de cinzas que tamén se suman á sustentabilidade e ao deseño e en Funergal poden atoparse algunhas de materiais como musgo, cana de azucre, area, sal ou arxila. Destaca ademais a ampla oferta en urnas para mascotas. Un dos expositores presentou ademais como novidade unhas urnas burbulla dedicadas aos neonatos falecidos. Relacionado con isto, o duelo perinatal foi tamén o tema da exposición fotográfica “Arrolos ao ar” promovida polo Concello de Lugo, Colexio de Enfermería de Lugo, a Academia de Enfermería de Galicia e o Grupo de Duelo Perinatal Arrolos (Lugo) que estivo exposta no Cemiterio de san Froilán e que estes días poderá verse en Ourense.
No que referente á tecnoloxía, os expositores ofrecen app dirixidas ao empresario funerario para controlar a presentación de servizos desde o seu móbil ou velorios virtuais que inclúen grandes pantallas nas que os seres queridos do falecido poden compartir sentimentos e fotografías.

 

0.2070050239563