Grandes resultados para o Ximnasia Burgas na Copa Galicia Internacional de Trampolín

OurenseXa
O conxunto ourensán regresou a casa cun total de seis medallas
ximnasia-burgas-copa-galicia-trampolin
9 Mar 2026

O club Ximnasia Burgas asinou unha destacada actuación na Copa Galicia Internacional de Trampolín, Memorial Pablo Hinojar, logrando varios podios e clasificacións para finais en distintas categorías.

Na categoría sénior brillou Melania Rodríguez, que conseguiu o ouro en Dobre Minitramp, a prata en Trampolín e o bronce en Sincronismo xunto a Lucas Do Muro, do Ximnasia Pavillón. Tamén en sénior, Marta López subiu ao podio cun terceiro posto en Dobre Minitramp.

Na categoría 15/16, Uxía Rodríguez logrou a medalla de prata en Dobre Minitramp e ademais foi finalista en Tumbling.

As tres ximnastas do Burgas —Melania Rodríguez, Marta López e Uxía Rodríguez— son ademais as únicas deportistas galegas que forman parte da Selección Española de Trampolín para o Campionato de Europa que se celebrará en Portugal en abril.

Entre outros resultados destacados do club, Iker García conseguiu a segunda posición en Trampolín na categoría 13/14. Ademais, Samuel Serra (15/16) e Miguel Pérez (17/21) lograron clasificarse para as finais en Dobre Minitramp.

0.12082815170288