Jácome abre tres novos expedientes displinarios a tres traballadores municipais
O goberno municipal abrirá expedientes disciplinarios a 3 traballadores municipais por acceder indebidamente a un expediente non autorizado. Así llo comunicou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, aos tres empregados logo de ter coñecemento de que no día de onte accederan e descargaran documentación dun expediente en tramitación no Concello, relativo a unha denuncia por acoso laboral realizada por un traballador fronte a un xefe de servizo, que está sen resolver, e ao que non tiñan autorización a acceder.
O goberno municipal toma medidas coa confianza de que sexan disuasorias e contribúan a erradicar este tipo de infraccións, xa que entende que son unha “práctica habitual” no Concello, e dándose a circunstancia de que, en ocasións, dáse o caso de que “funcionarios que non cumpren en tempo cos seus expedientes, acceden en cambio a outros que non lle competen, e para os que non están autorizados”.
Denuncias por acoso laboral
O expediente ao que se refire o Concello é precisamente o relativo á denuncia presentada polo interventor por acoso laboral e por incumplimento de medidas de seguridade contra o Concello e contra o propio alcalde, que atópanse en trámite no Xuzgado do Social de Ourense.
Unha denuncia que chegou esta semana, cando o Pleno do Concello terá que abordar, mañá venres 1 de marzo, o cese da tesoureira, que levaba no cargo dende 2018, por ser "demasiado tiquismiquis", según Pérez Jácome. O alcalde segue a xustificar a súa decisión pese a recibir un informe desfavorable de Facenda xa que considera que este non é vinculante.