Jácome carga contra a nova localización do Ouren Sound Fest logo de conseguir que non se faga en Ourense
OurenseXa
O alcalde de Ourense, logo de decidir que non colaboraría coa organización do festival, obrigandoo a cambiar de localización, critica que se celebre no Complexo Deportivo de Monterrei
Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense
22 May 2024
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, carga contra a Xunta de Galicia e a Deputación por permitir "un festival de música nunha pista de atletismo e contigua a un xeriátrico con máis dun centenar de anciáns".
Así o indica nun comunicado a través das redes sociais, xusto despois da presentación oficial da nova edición do Ouren Sound 2024 que cumpre nove anos e que, por primeira vez, non terá lugar na capital.
Fai uns poucos meses, xa co cartel prácticamente pechado, o Ouren Sound víase obrigado a deixar a súa clásica ubicación en Bemposta logo de que o rexedor anunciase que non colaboraría coa organización. Unha decisión que provocou numerosas críticas entre a oposición, especialmente por parte dos socialistas, que lembraban a importante inxección económica para a cidade. "O Ouren Sound é unha cita que atrae a unhas 10.000 persoas de media durante os días que se celebra e iso supón un revulsivo importante para a cidade a nivel económico e a hostalería en xeral", sinalaban os socialistas tras coñecerse a decisión. Tamén desde o PSOE preguntábanse o motivo que había levado ao Concello a decidir colaborar con outro festival celebrado hai apenas un mes, e deixar de lado ao Ouren Sound. Según os socialistas "nos 9 anos de vida do festival, o Concello de Ourense só aportou 15.000 euros en 2023 para sacar rédito electoral”.
Pese a todo, o festival víase obrigado a modificar a súa ubicación e, o pasado 10 de abril, anunciaba que a edición de 2024 tería lugar no Complexo Deportivo de Monterrei, no concello de Pereiro de Aguiar.
O alcalde de Ourense non se pronunciou ao respecto ata este martes, cando decidiu cargar a través das súas redes sociais contra a organización e as institucións que colaboran con ela para sacar adiante esta importante cita musical. Para él, a nova ubicación é "un atropelo a nosa provincia", por ubicarse nunha pista de atletismo homologada e próxima a unha residencia xeriátrica.