Jácome levará a pleno dúas novas modificacións crédito por 6,9 millóns de euros

OurenseXa
Unha delas, de 1,7 millóns de euros, destinarase principalmente a partidas da área social, mentres que a outra asignará 5,1 millóns ás obras do Parque de Canedo
pleno-concello-de-ourense-recurso
Pleno do Concello de Ourense
12 Jul 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou dous proxectos de modificacións orzamentarias (2P/2025 e 3P/2025) que o Goberno municipal someterá á aprobación provisional do Pleno da Corporación.

A modificación orzamentaria 2P/2025 ascende a 1.713.902,50 euros. Por unha banda, suplementará crédito por importe de 1.103.502,50 euros para reforzar partidas como as Axudas do Programa de Emerxencia Social (300.000 euros), a convocatoria anual de subvencións de benestar social (353.502,50 euros) e a reparación, mantemento e conservación de edificios de ensino (450.000 euros).

Ademais, inclúe créditos extraordinarios por un total de 610.400 euros para convenios de colaboración coas entidades Cáritas (280.000 euros), Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense ADO (30.000 euros), Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer AFAOR (70.000 euros), Banco de Alimentos (15.000 euros), Cruz Vermella Española (110.000 euros), Asociación contra o Cancro (25.000 euros), Federación de Asociacións Veciñais Limiar (15.200 euros) e Agrupación de Asociacións Veciñais Miño (15.200 euros), así como 50.000 euros para investimentos en reparación de locais.
Pola súa banda, a modificación orzamentaria 3P/2025 suplementará crédito na partida de investimentos en parques e xardíns por un importe de 5.195.734,45 euros, que se destinarán ás obras do Parque de Canedo.

Ambos proxectos financiaranse con cargo ao Remanente de Tesouraría e elevaranse ao Pleno do Concello para a súa aprobación provisional.

⚙ Configurar cookies
0.1764600276947