Licitadas por máis dun millón de euros as obras do Hospital Santa María Nai de Ourense

O Portal de Contratos Públicos de Galicia publica no día de hoxe a licitación das obras de reforma da antiga zona de agudos do Hospital Santa María Nai de Ourense. O Executivo galego investirá 1.093.608 euros nesta actuación de mellora.
A zona de intervención sitúase na planta baixa e soto da ala oeste do Hospital Santa María Nai. Esta área está actualmente en desuso, polo que se reformará o seu espazo para destinalo a uso administrativo, mentres que no local situado no soto 1 destinarase ás instalacións de climatización asociada a esta intervención.
A obra abranguerá unha superficie construída de 862,90 m².
As empresas interesadas en participar neste procedemento poderán trasladar as súas ofertas até o vindeiro día 8 de xaneiro.