Literatura, escritura antiga e ciencia déronse cita nas rúas de Ourense

OurenseXa
A G-Night volveu sacar a ciencia dos laboratorios e das aulas achegándoa a nenas e nenos e persoas adultas baixo o lema 'Conciencias creativas'
g-night-uvigo
28 Sep 2024

Centos de persoas déronse cita nas rúas e bares e Ourense co gallo da Noite Galega das Persoas Investigadoras. Coordinada pola Universidade de Vigo, a G-Night volveu sacar a ciencia dos laboratorios e das aulas achegándoa a nenas e nenos e persoas adultas que, baixo o lema Conciencias creativas, sumáronse nas principais cidades galegas á Noite Europea das Persoas Investigadoras, un proxecto de divulgación científica promovido pola Comisión Europea, que se desenvolve simultaneamente en case 400 cidades europeas dende 2005.

En Ourense a Facultade de Historia acolleu obradoiros sobre linguas da antigüidade nos que as persoas participantes recrearon as escritas antigas da man do grupo de investigación GEAAT. Pola súa banda, o Café & Pop Torgal acolleu dúas charlas científicas: Aprendizaxe baseada en xogos e o colectivo transxénero, a cargo de Paula Rodríguez, do Departamento de Análises e Intervención Psicosociocioeducativa e A ciencia axuda a reducir a violencia de xénero, a cargo de María José Vázquez do Grupo de Psicoloxía Xurídica e da Saúde: convivencia e benestar e Jennifer Rodríguez, traballadora social.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12753105163574