Luis Menor acusa a Sánchez de ser una "ameaza para a igualdade"

OurenseXa
O líder provincial participou no acto "Ruta pola igualdade" celebrado hoxe en Ourense
ruta_por_la_igualdad_ourense
Luis Menor, Noelia Núñez e Sonia Ogando na Ruta pola Igualdade (Ourense)
13 Mar 2024

O Partido Popular continúa coa su "Ruta pola igualdade", que no día de hoxe tuvo parada en Ourense, onde participaron a vicesecretaria de Movilización e Reto Dixital, Noelia Núñez, e o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor.

Menor aproveitou a ocasión para atacar ao Goberno de Pedro Sánchez, a quen acusa de ser "a maior ameaza para a igualdade neste país”. Asegurou que, con actos como este, os populares van seguir denunciando todos eses cheques en branco que asina Sánchez e que din “páguese ao portador por manterme na Moncloa”. “Nin temos nin queremos chequeiras en branco que nos convertan nunha ameaza para a igualdade de todos os españois”, engadiu.

O líder provincial aproveitou tamén para agradecer o apoio aos votantes que, asegura, "deron un auténtico exemplo de defensa da súa dignidade outorgándolle ao Partido Popular unha maioría absoluta coa que gobernar sen sometementos nin chantaxes".

Pola súa banda, a portavoz do grupo municipal do PP no Concello de Ourense, Sonia Ogando, criticou que Ourense foi a primeira cidade galega á que chegou o AVE, en decembro de 2021 pero “sexa a última que vai contar cunha estación intermodal moderna e reformada". Feito ao que define como “autopropaganda e escusas do desprezo maiúsculo á cidadanía de Ourense” por parte do Goberno Socialista.

A vicesecretaria de Mobilización e Reto Dixital, Noelia Núñez, aproveitou para reclamar explicacións a Sánchez, “que sabía todo da trama Koldo e tapouno”, e acúsalle dun posible “conflito de intereses” ao “existir unha relación comercial da súa muller con empresas que recibiron subvencións do Goberno, aprobadas co seu voto”.

 

 

0.1985080242157