Maceda despedirá o ano coa tradicional carreira de San Silvestre

O Concello de Maceda organiza a San Silvestre 2025, a carreira máis esperada do ano, que se celebrará o 31 de decembro. A saída será ás 12:00 horas desde a Praza das Toldas de Maceda.
As inscricións están abertas ata o 30 de decembro e son gratuítas. O Concello anima a participar disfrazado e a colaborar solidariamente achegando alimentos non perecedeiros o día da proba para axudar ás persoas desfavorecidas.
A recollida dos dorsais realizarase o mesmo día da carreira, entre as 11:00 e as 12:00 horas. Haberá dúas categorías: unha carreira curta de 500 metros ás 12:45 horas e outra de 5 quilómetros.
As inscricións o día do evento só se admitirán se quedan prazas dispoñibles, sempre dentro do límite establecido pola póliza de accidentes contratada polo Concello.