Maceda festexa este venres a primeira Ruta da Tapa do Cocido do Entroido
OurenseXa
A xornada contará coa música das as agrupacións Xunqueireteiras e Rebulir e a actuación dos Festicultores

21 Feb 2025
Este venres, 21 de febreiro, a gastronomía e a música serán protagonistas do Entroido de Macedo, que celebra a súa primeira Ruta Tapa do Cocido de Entroido.
Os bares locais serán punto de encontro mentres as agrupacións Xunqueireteiras e Rebulir animarán a velada. A noite culminará cunha festa a cargo de Os Festicultores ás 23:30 horas.
Neta primeira edición, os locais participantes son o Porta Sacra, A cervexería, A Diligencia, A Fenda, Casa Rosa, Tapería o Castillo, Bar Teixeira, Bar A Sala, Mioco e Bar Lúa.
Mañá, sábado, o Fiadeiro de Carguizoi será o evento principal dunha xornada que estará marcada pola música e a convivencia entre veciños e visitantes.