Máis de 1.000 corredores participan esta noite na Carreira do Couto

OurenseXa
A cita forma parte do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense e arrancará ás 22.00 horas
Correndo Por Ourense, O Couto, 2023
Carreira do Couto
25 May 2025

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, continúa este domingo 24 de maio no barrio do Couto.

A tradicional carreira nocturna comezará ás 22.00 horas coa saída dos máis pequenos e estenderase durante parte da noite polas rúas do barrio.

Na primeira carreira do circuíto, que tivo lugar no barrio do Vinteún, participaron un total de 933 corredores e corredoras de todas as idades, mentres que a do Couto reunirá a máis de 1.000 corredores e corredoras, sendo unha das máis exitosas de todo o circuíto.
Despois da do Couto terá lugar a carreira Ourense Centro, o 7 de xuño e, o 29 de xuño, o Trail Oira - San Tomé. Seguirán o circuíto a de Mariñamansa, o 7 de setembro, a da Ponte o 19 de outubro e, para rematar, a da Carballeira.

⚙ Configurar cookies
0.14008283615112