Máis de 200 nenos e nenas participan este domingo na XIX edición da mini BTT de Maceda

OurenseXa
A proba, que pertence á Copa Deputación, está organizada polo Club Ciclista de Maceda
Presentación da XIX edición da mini BTT de Maceda
18 Ago 2024

A XIX edición da mini BTT de Maceda regresa este domingo ao concello ourensán. A proba, que pertence á Copa Deputación, está organizada polo Clube Ciclista de Maceda e despútase a partir das 10.00 horas da mañá.

Nesta edición participan máis de 200 nenos e nenas que competirán nas categorías  Promesa Fem., Promesa B, Promesa A, Principiante B, Principiante A, Benjamin Fem., Benjamin, Alevín Fem., Alevín, Principiante Fem., Infantil Fem., e Infantil. O circuito percorrerá as inmediacións das piscinas municipais.

 

 

0.16836595535278