Máis de 300 alumnos do do CPR Luis Vives festexa o Día da Educación Física na Rúa
Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorado, xuntáronse esta mañá na Praza Maior para festexar o día da Educación Física na Rúa (#DEFC).
Este día nace co fin de expoñer á sociedade nos espazos públicos os beneficios da educación física e amosar a súa importancia para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades.
Entre os seus obxectivos destaca o fomento da práctica da EF variada en compañía para o benestar físico e social; concienciar dos altos índices de sedentarismo co conseguinte problema de saúde e elevado custo sanitario; transmitir os valores que a práctica da actividade física axuda a potenciar: esforzo, autosuperación, cooperación e/ou empatía.
A xornada tamén é reivindicativa xa que entre os seus obxectivos está o de promover a necesidade dun aumento de horas de Educación Física en sintonía coa opinión do Ministerio de Sanidade, o Consello Superior de Deportes, a UNESCO e a OMS.
Coa práctica de Ioga na Praza Maior, o CPR Luis Vives quere dar a coñecer a nova Educación Física: integradora, variada e divertida orientada a transmitir hábitos de vida saudables e promover a difusión de activades físicas saudables menos coñecidas.