Máis de 300 autónomos da provincia de Ourense beneficiáronse este ano das axudas da Xunta

OurenseXa
Este bono cofinanciou o 60% do custo dos servizos de apoio e os investimentos cun límite de 7.000 euros
Manuel-Pardo-autónomos
16 Nov 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, salienta que na provincia de Ourense, unha provincia con tradición para emprender, foron beneficiarios 305 autónomos que recibiron unha achega total de preto de 875.400 euros para mellorar a competitividade empresarial ou profesional dos traballadores por conta propia.

Manuel Pardo explicou que a Xunta apoiou este ano con ata 7.000 euros aos traballadores autónomos que tiñan unha antigüidade superior aos 42 meses para que puideran ofrecer novos servizos e realizar investimentos que impulsasen a súa capacidade competitiva.

Neste programa ‘Bono Autónomo’, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración investiu 8 millóns de euros. Trátase dunha axuda que se realizou a través dun pagamento único no momento da presentación das facturas.

Este bono cofinanciou o 60% do custo dos servizos de apoio e os investimentos cun límite de 7.000 euros. Entre outros, financiouse a compra de maquinaria, equipamentos e ferramentas, reformas do local, adquisición de equipos informáticos, rótulos ou deseño de marca.

O delegado territorial destacou a importancia de difundir os programas destinados a fortalecer o emprego autónomo e de facer visibles os beneficios do emprendemento como fórmula de éxito en Galicia, alternativa ao traballo por conta allea, e dar a coñecer os recursos que existen na comunidade galega para comezar esta andadura.

Así mesmo, na visita, sinalou tamén que é clave acercar os futuros traballadores á realidade sociolaboral porque, nas súas palabras, as futuras xeracións sairán mellor preparadas para afrontar o seu futuro profesional cunha visión máis ampla do contexto social e laboral que lles rodea.

0.13454389572144