Máis de 300 nenos e nenas de Ourense prepáranse para a Loita de Mecos

O Concello de Ourense puxo en marcha unha serie de obradoiros de confección de compadres e comadres nos centros educativos da cidade. En total, son 12 talleres que teñen lugar nos CEIP Mestre Vide, Irmáns Villar, As Mercedes e O Couto e no CPR Maristas, e nos que participan un total de 330 alumnas e alumnos de cuarto curso de Educación Primaria.
Os nenos e nenas aprenden así a elaborar os mecos típicos desta celebración, cos que participarán nas carreiras de comadres e compadres que terán lugar este xoves, 27 de febreiro, na Praza Maior, e que darán comezo ao Entroido 2025 na cidade.