Máis de 300 persoas participan esta noite na XX Carreira Nocturna de Celanova

Celanova acolle este sábado, 14 de xuño, a vixésima edición da súa tradicional carreira nocturna, unha cita na que máis de 300 corredores e corredoras de todas as idades percorrerán as rúas da vila para gozar dunha noite de deporte e confraternidade.
As probas comezarán 20.00 horas na Praza Maior coas saídas das probas de menores, comezando cos máis pequenos. Pola súa banda, as probas de adultos arrancarán ás 23.25 horas e contarán cun percorrido de 8,5 quilómetros para todas as categorías.