Máis de 300 ximnastas daranse cita este sábado no XVI Torneo de Primavera Cidade de Ourense
OurenseXa
O Pavillón dos Remedios acollerá este sábado, 20 de abril, o Torneo de Primavera Cidade de Ourense
XVI Torneo Primavera Cidade de Ourense
17 Apr 2024
Ourense acollerá, un ano máis, o Torneo de Primavera Cidade de Ourense, no que cerca de 300 ximnastas optarán por levarse medallas nas diferentes categorías da competición (conxuntos, individual e ximnasia estética).
A cita, que este ano celebra a súa décimo sexta edición, terá lugar este sábado, 20 de abril, entre as 10.00 e as 18.00 horas no Pavillón dos Remedios. Haberá competicións individuiais tanto masculinas como femininas, e conjuntos de nivel absoluto, base, prebase e promoción.
O torneo está organizado polo Club Ximnasia Pavillón Ourense, e conta co apoio do Concello e da Deputación.