Máis de 70 persoas participarán o vindeiro sábado na XVI Carreira Popular San Salvador en Baños de Molgas

OurenseXa
O evento contará con diferentes categorías adaptadas ás idades dos participantes, cun percorrido axeitado para cada unha
presentacion-carreira-popular-san-salvador-baños-de-molgas
Presentación da XVI Carreira Popular San Salvador de Baños de Molgas
3 Aug 2025

O vindeiro 9 de agosto, a partir das 19:00 horas, celebrarase en Baños de Molgas a XVI Carreira Popular San Salvador, unha cita deportiva xa consolidada no calendario local. A carreira terá un percorrido urbano con saída nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña e conta con máis de 70 persoas inscritas.

A proba foi presentada oficialmente esta semana polo alcalde de Baños de Molgas, Manuel Ángel Fernández Movilla, o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Quique Álvarez Fernández, o concelleiro de Deportes e o presidente da Asociación de Veciños de Baños de Molgas.

O evento contará con diferentes categorías adaptadas ás idades dos participantes, cun percorrido axeitado para cada unha. Así, haberá unha categoría Pifufos para nenos e nenas nados entre 2018 e 2021, cun percorrido de 150 metros; unha categoría Benxamín/Alevín para nados entre 2014 e 2017, cun percorrido de 750 metros; unha proba Infantil/Cadete para os nados entre 2010 e 2013, que percorrerá 2,3 km con tres voltas; e a proba absoluta, que incluirá as catgorías Xuvenil, Promesa, Sénior e Veteráns e que percorrerá 7 km con tres voltas.

⚙ Configurar cookies
0.16501307487488