Máis de 900 corredores participan este domingo na Carreira do Vinteún

OurenseXa
A proba dá comezo ao circuíto de carreiras Correndo por Ourense e obrigará a pechar varias rúas do barrio durante toda a mañá
Correndo Por Ourense, O Couto, 2023
Correndo por Ourense, O Couto, 2023
26 Apr 2025

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, comeza este domingo no barrio do Vinteún.

Un total de 933 corredores e corredoras das percorrerán ás rúas do barrio a partir das 11.00 horas. O circuito pasará ao longo da mañá polas rúas Madre Soledad de la Cruz, Avenida de Santiago, rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Bellao, Río Cobas e Río Camba.

Os nenos e nenas da categoría pitufos serán os primeiros en saír, seguidos dos corredores e corredoras das categorías Sub10 e Sub12, ás 11.05, Sub14 e Sub16, ás 11.15 horas. Os participantes da categoría absoluta (Sub18, Sub20, Sub23, Sénior e Máster) comezarán a proba ás 11.30 horas.

Cortes de Tráfico

A celebración do evento obrigará a cortar ao tráfico todo o percorrido da proba dende as 10.00 horas da mañá. O dispositivo deseñado pola Policía local de Ourense establece 4 itinerarios como vías alternativas para a circulación de vehículos:

  • Avenida de Santiago: en sentido ascendente polas rúas Río Arnoia, Río Támega, Río Avia, Río Sil, Río Búbal, Río Limia e Avenida de Santiago
  • Avenida de Santiago: en sentido descendente polas rúas Río Limia, Alejandro Pedrosa, Río Arnoia e Avenida de Santiago
  • Río Camba, desvío pola estrada de Oira
  • Rúa do Vinteún: desvío pola estrada de Barra de Miño ou pola estrada Nacional 525 a través do polígono industrial dos Coiñás

Próximas probas

A seguinte cita do circuíto Correndo por Ourense será no barrio do Couto, o 24 de maio. De seguido terá lugar a carreira Ourense Centro, o 7 de xuño e, o 29 de xuño, o Trail Oira - San Tomé. Seguirán o circuíto a de Mariñamansa, o 7 de setembro, a da Ponte o 19 de outubro e, para rematar, a da Carballeira.

⚙ Configurar cookies
0.15976595878601