Máis dun centenar de escaladores citáronse esta fin de semana na Copa Deputación de Escalada

As instalación da Asociación de Escaladores Ourensáns acolleron esta fin de semana a sétima edición da Copa Deputación de Ourense de Escalada, que que reuniu a máis dun centenar de escaladores de distintos clubs galegos nunha xornada de clasificatorias.
O domingo pola mañá tiveron lugar as finais das categorías dende prebenxamín ata infantil, cunha entrega de premios con dobre podio (o da Copa, para federados ourensáns, e o da Proba, para participantes galegos). Pola tarde tiveron lugar as finais absolutas en formato á vista e con só catro minutos para resolver cada paso proposto, que deixaron tamén eses dobre podios nunha entrega de premios chea de compañeirismo.