150 especialistas participan en Ourense no XVIII Congreso Internacional de Investigación en Relacións Públicas

OurenseXa
Expertos analizan en Ourense o papel das relacións públicas “no mundo da desinformación”
XVIII Congreso Internacional de Investigación en Relacións Públicas en Ourense
13 Jun 2024

Ourense está a acoller durante esta semana o XVIII Congreso Internacional de Investigación en Relacións Públicas, que leva por lema "As relacións públicas no mundo da desinformació", e que reúne a 150 especialistas do ámbito académico e profesional, así como a 135 comunicadores.

O evento está organizado pola Asociación de Investigadores en Relaciones Públicas (AIRP), o Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo e o proxecto de investigación FakeLocal: Mapa da Desinformación nas Comunidades Autónomas e Entidades Locais de España e o seu Ecosistema Dixital, contando co apoio, entre outras entidades, da Facultade de Educación e Traballo Social onde se celebra, e do Concello de Ourense

Os Congreso ten como obxectivo analizar e o papel das relacións públicas “no mundo da desinformación”, tratando temas como a comunicación institucional dixital das universidades, as narrativas desinformativas arredor da Axenda 2030, a desinformación como ameaza para os gabinetes de relacións públicas dos partidos políticos, a revolución das relacións públicas na era da intelixencia artificial e a desinformación e comunicación de saúde. O último día, o venres, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a AIRP entregará os seus premios á Excelencia Universitaria sobre Relacións Públicas 2024

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18537592887878