Máis dunha vintena de veciños de Amoeiro beneficiáronse este outubro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego

O programa de mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG) levou a pasada semana a maís dunha vintena de veciños e veciñas de Amoeiro ata Santiago de Compostela para asistir á función A Serie Cløpen.
Trátase da primeira produción propia do CDG nesta tempada, unha proposta multidisciplinar que combina circo, danza, clown, acrobacias e humor, cunha historia que reflexiona sobre os retos da mocidade no mundo actual. A dirección corre a cargo de Pablo Reboleiro, con dramaturxia do propio Reboleiro e de Clara Gayo, e no elenco participan Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo.
Grazas ao ‘Autobús do Teatro’, a veciñanza gozou dunha xornada de cultura e convivencia no Salón Teatro de Santiago de Compostela.