Mario Rodríguez renuncia á alcaldía de Esgos
OurenseXa
José Antonio Blanco Pérez será nomeado novo alcalde de Esgos a vindeira semana

1 Jun 2025
O aclalde de Esgos, Mario Rodríguez, formalizou o pasado venres a súa renuncia, poñendo fin a 14 anos á fronte da institución municipal. Durante a súa intervención, agradeceu á veciñanza a colaboración e apoio recibidos ao longo deste tempo.
Rodríguez deixa tamén o seu posto como concelleiro, aínda que asegurou que seguirá á disposición de quen o precise, pero xa non como alcalde, senón como veciño.
O próximo 6 de xuño está previsto o Pleno de toma de posesión no que José Antonio Blanco Pérez será nomeado novo alcalde de Esgos.