Marta Figueiredo renova como capitá do Ourense Ontime

OurenseXa
A deportista leva 19 tempadas no conxunto ourensán
Marta Figueiredo, Ourense Ontime
5 Ago 2024

Marta Figueiredo repitará a vindeira tempada á fronte do Ourense Ontime. A deportista leva 19 tempadas no club, desde o que sinalan que "é casi imposible imaxinarse un Ourense Ontime sen Marta" xa que "viviu ao noso lado os maiores éxitos deportivos do noso club, pero sobre todo, crecemos xuntas creando unha identidade coa que ambas, Marta e club identifícanse totalmente".

A xogadora liderará o conxunto ourensán dirixido por Bea Seijas reprensantando os valores do club. "É unha das xogadoras máis completas e profesionais que coñecemos", afirman. "Ano tras ano e tempada tras tempada, Marta renova a súa ilusión e a súa lealdade connosco e o noso club aprovéitase de ter a alguén como ela como exemplo para todas as nosas nenas dunha base que crece aos poucos".

 

0.088379859924316