Medio Rural e o Concello de Xunqueira de Espadanedo exploran novas colaboracións para impulsar o sector gandeiro

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Ambas institucións abordaron a organización da segunda edición da Mostra de Gando Vacún e Equino, prevista para o ano 2026
mdio-rural-xunqueira-espadanedo
19 Nov 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse hoxe co alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Pablo Graña, nun encontro no que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo. A xuntanza tivo como obxectivo estudar novas vías de colaboración que contribúan ao desenvolvemento do sector gandeiro no municipio.

Durante a reunión analizáronse diferentes posibilidades para poñer en marcha proxectos vinculados á actividade agrogandeira na zona. Ademais, abordouse a organización da segunda edición da Mostra de Gando Vacún e Equino, prevista para o ano 2026. Esta feira cele¬brouse por primeira vez o pasado mes de maio e o Concello traballa agora para darlle continuidade, consolidándoa como un evento de referencia para o sector.

⚙ Configurar cookies
0.073246002197266