Melania Rodríguez, do Club Ximnasia Burgas, récord mundial de dificultade nos World Games 2025

OurenseXa
A deportista volveu demostrar o seu nivel na competición disputada en China, onde tamén logrou unha medalla de bronce
melania-rodriguez
11 Aug 2025

A ximnasta Melania Rodríguez asinou unha actuación histórica nos World Games 2025, celebrados en Chengdu (China), ao acadar o récord do mundo de dificultade en Dobre Minitramp e subir ao podio cun bronce.

No seu último salto, Melania executou unha pirueta barani carpada con triplo carpado, exercicio que lle outorgou a nova marca mundial. A deportista, que compite co Club Ximnasia Burgas, volveu demostrar o seu nivel internacional, arrincando unha ovación do público.

Rodríguez adéstrase no CGTD de Pontevedra baixo a dirección de Sara García, tamén adestradora do Ximnasia Pontevedra.

Na cita mundialista participou ademais o xuíz ourensán Santiago Filgueira, membro do Burgas, reforzando a presenza ourensá no máis alto da ximnasia.

⚙ Configurar cookies
0.51297307014465