Moncho López proclámase novo entrenador do COB
Moncho López será o adestrador principal do Club Ourense Baloncesto para as dúas próximas tempadas, 2024/2025 e 2025/2026, traendo consigo a súa gran experiencia.
Moncho López (Narón, 10 de Xullo de 1969) conta cunha dilatada carreira como adestrador. Comezou a súa traxectoria no mundo do baloncesto na década dos 90 e dirixiu a equipos nas principais ligas de España e Portugal así como foi seleccionador nacional de diferentes países.
O galego convértese en 1998 no adestrador do Baloncesto Gijón co que acadou un ascenso á ACB. Compaxinando esta labor, no 2001 conseguía a súa primeira medalla coa Selección Española B tras proclamarse campión dos Xogos do Mediterráneo e colgarse o ouro. A relación co Baloncesto Gijón rematou no 2002, ano no que se converte en seleccionador nacional. Ao fronte da Selección Española Absoluta logra a prata no Eurobasket de Suecia 2003. No ano 2004, antes de voltar á ACB logra o bronce na categoría “Junior” no torneo de Manhein con grandes xogadores como Sergio Rodríguez, Antelo, Fontet, etc.
Despois do seu paso pola selección voltou para adestrar na ACB ao Leite Rio Breogán (2004-2006) primeiro, e Caja San Fernando (2006-2007) despois.
No 2008 comeza unha nova etapa como seleccionador nacional, pero esta vez, de Portugal co que logrou o bronce nos Xogos da Lusofonía sumando o seu cuarto metal como adestrador.
No 2009 ficha como adestrador polo F.C. Porto compaxinándoo coa súa labor como seleccionador nacional de Portugal ata 2010 cando abandona a disciplina do combinado nacional.
En Portugal, ao frente do Porto/Dragon Force consegue gañar numerosos títulos entre o 2010 e o 2022. Entre os logros máis destacados, O naronés gañou a Liga Portuguesa de Baloncesto (LPB) co FC Porto no 2011 e 2016, a Proliga Portuguesa no 2014 e 2015, a Copa Nacional de Portugal no 2010, 2012 e 2018, a Copa da Liga de Portugal no 2010, 2011, 2016 e 2021, a Supercopa de Portugal en 2011, 2016 y 2019. No 2015, adestra a Selección de Angola conseguindo outra prata no Afrobasket sumando un novo metal ao seu palmarés e o 2022 ficha polo Rizing Zephyr Fukuoka, comezando unha nova, e diferente, etapa no baloncesto xaponés.
O Club Ourense Baloncesto confía en que a incorporación de Moncho López fortalecerá ao equipo coa súa experiencia e permitiranos competir con maior eficacia na Primeira FEB. Os afeccionados do COB poden esperar una tempada emocionante cun adestrador da talla de Moncho López no banco, sinalan dende o club.