Música e gastronomía venezolana para celebrar este domingo a Feira da Chinita en Ourense
O Campo da Feira acolle este domingo, 10 de novembro, desde as 12.00 horas da mañá, unha nova edición da Feira da Chinita, unha tradicional celebración da comunidade venezolana, na que colabora o Concello de Ourense.
A festa está dedicada á Virxe de Chiquinquirá, propia da rexión de Maracaibo (Venezuela), e conmemora unha milagre atribuída á dita virxe naquel lugar no século XVIII. Cos anos, esta celebración estendeuse até converterse nunha festividade nacional venezolana e tamén internacional.
Nesta versión ourensá, o público que se achegue ao campo da feira atopará todos os ingredientes característicos da festa: gaitas do Zulia, un xénero musical autóctono tocado co furruco, o catro, as maracas e a tambora; comida típica venezolana, a elección da Raíña da Feira, e moita diversión cos grupos que tocarán en directo, como Os Coleguitas, Yamil Quijada, Misael Sánchez, Maira Show, ademais dun DJ que amenizará o evento.