Nogueira de Ramuín aposta polos espazos libres de fume de tabaco
Os arredores da residencia San Martiño de Luíntra, en Nogueira de Ramuín, son xa un Espazo Sen Fume. Así decidiuse, por votación popular, tras a iniciativa presentada pola Asociación Española Contra o Cancro que busca promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e electrónico, que protexa sobre todo á poboación xuvenil. Ademáis, a asociación pretende rematar pouco a pouco co hábito de fumar en espazos convivenciais públicos e incentivar aos fumadores a abandonar o hábito de fumar.
Á Sinatra deste convenio acudiron desde novo espazo acudiron o alcalde do Concello de Nogueira, Julio Temes, o concelleiro de cultura, deportes, educación e turismo do Concello, Raúl Soto, e o presidente da asociación, Germán Rodríguez-Saá, asinaron o convenio de espazo sen fume no concello e presentaron o espazo exterior coas súas respectivas sinais.