Nove membros do Club Marbel representarán a Ourense na VII SuperCopa de España de Jiu Jitsu

OurenseXa
O conxunto ourensán loitará por subirse ao medalleiro en Madrid nas categorías Infantil, Cadete e Junior
mabel-junior-copa-de-españa
29 Jan 2026

O próximo domingo 1 de febreiro celebrarase no Pavillón de Judo Francisco Valcárcel de Villaviciosa de Odón (Madrid) a VII SuperCopa de España de Jiu Jitsu, Comunidade de Madrid, nas categorías Infantil, Cadete e Junior (sub16, sub18 e sub21). Nesta competición participarán nove integrantes do Jiu Jitsu Club Gimnasio Marbel.

A internacional Leire Carrera, na categoría junior (-57 quilos), competirá nas dúas modalidades individuais de combate: Loita e Ne Waza (restrición no chan). Pola súa banda, Daniel Ferrero (-62), Martín Filgueira (-69), Grettel Pazos (-63) e Catuxa González (-70) farán dobrete na categoría cadete, mentres que Lucía Caneiro (-52) centrarase en Ne Waza. Para todos eles, excepto para Leire, será a primeira experiencia a nivel nacional.

Nas modalidades de Kata, o equipo Marbel contará con Carla Seoane e Beatriz Nesi na categoría cadete, e con Lucía Caneiro e Silvia Iglesias en junior. Estas parellas competirán en Kata Dúo e Kata Show, con boas expectativas de medalla tras os resultados obtidos en competicións anteriores.

A expedición ourensá estará dirixida polo Mestre e seleccionador galego Felipe Iglesias e a Mestra Anita Fernández. O obxectivo principal é “competir na medida do posible e medir o nivel dos debutantes fronte aos mellores de España”. En canto a Leire e os dúos, as expectativas son “loitar por medallas”.

⚙ Configurar cookies
0.080222129821777