O 3x3 DepOurense reuniu a máis de 50 equipos no Paco Paz

OurenseXa
O evento combinou a xornada de competición con actividades lúdicas, coa música e as artes urbanas
Final do 3x3 DepOUrense
24 Jun 2024

O Pazo Paco Paz acolleu esta fin de semana a primeira edición do “3x3 DepOUrense”, un evento organizado pola Deputación de Ourense em colaboración coa Federación Galega e reuniu a máis de 50 equipos en categorías premini, mini, infantil, cadete, junior, senior e senior familiar.

O evento, que combinou a xornada de competición con actividades lúdicas, coa música e as artes urbanas como aliadas perfectas desta práctica deportiva, foi todo un éxito de participación.

O baloncesto 3x3 é o deporte de equipo urbano número 1 do mundo. Trátase dunha modalidade que se xoga nunha única canastra e consta de tres xogadores por equipo. Está impulsado pola FIBA e xa se disputou en certames oficiais internacionais, como nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

Se ben este xogo xa existía con anterioridade, a FIBA regulamentouno e creou campionatos internacionais para o mesmo. De feito, desde 2012 dispútase a Copa Mundial FIBA de Baloncesto 3x3.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16174387931824