O alcalde de Barbadás continuará no cargo xunto a Daniel Rey e José Manuel Morgade

OurenseXa
Xosé Carlos Valcárcel reparte as competencias muncipais entre os dous concelleiros que non abandonaron o goberno tras as acusacións por presunto acoso laborar contra a súa persoa
xose-carlos-valcarcel
23 Dec 2025

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asina un decreto para repartir novas delegacións tras a renuncia de cinco concelleiras do goberno local logo das acusacións feitas públicas contra o rexedor por un presunto caso de acoso laboral.

Valcárcel, que non dimite, agradece o traballo das concelleiras que deixaron as súas responsabilidades, destacando especialmente á que foi tenente alcalde durante os dous últimos mandatos e que lle mereceu total confianza ao longo de 20 anos.

Con este cambio, Daniel Rey asumirá ademais das súas competencias en Emerxencias, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal, tamén a Tenencia de Alcaldía e a coordinación de Urbanismo, Vías e Obras, Servizos Públicos, Parques e Xardíns, Servizos Sociais, Saúde e Igualdade.

Pola súa banda, José Manuel Morgade, que xa estaba á fronte de Promoción Económica, Turismo, Recursos Humanos e Formación, engade á súa responsabilidade a segunda Tenencia de Alcaldía, así como as áreas de Educación, Comercio, Cultura e Participación Veciñal.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, asumirá directamente a xestión da Policía Local, Facenda, Deportes e Mocidade

⚙ Configurar cookies
0.083181142807007