O alcalde de Ourense critica á Xunta por non convidalo á inauguración do Parque Acuático de Monterrei

OurenseXa
Gonzalo Pérez Jácome, expresou esta mañá o seu “desagrado e sorpresa” ao non ter sido convidado o Concello de Ourense ao  acto de inauguración, esta mañá, do parque acuático de Monterrei
jácome
Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense
19 Xuño 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, expresou esta mañá o seu “desagrado e sorpresa” ao non ter sido convidado o Concello de Ourense ao  acto de inauguración, esta mañá, do parque acuático de Monterrei.

O rexedor considera unha “total descortesía” por parte da Xunta de Galicia non convidar o representante dun concello, o de Ourense que, malia non ser a sede desta instalación de lecer “é a capital da área metropolitana na que se atopa e o que proporcionará o maior número de persoas usuarias da nova zona recreativa”. Pérez Jácome lembra tamén que a construción dun parque acuático “é unha proposta que realizamos desde Democracia Ourensá no ano 2015, que despois recolleu a Xunta de Galicia cara ás eleccións de 2016”.

0.21514201164246