O alcalde de Ourense desminte que o Concello estea en bancarrota

OurenseXa
Segundo o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, o Concello de Ourense pechará o exercicio cun remanente de tesouraría de máis de 123 millóns de euros
Concello_Ourense_recurso_2
Concello de Ourense
17 Xuño 2024

O Concello de Ourense pechará o exercicio contable do ano 2023 cun remanente de tesouraría de máis de 123 millóns de euros, segundo sinala o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Este é o dato que, segundo o rexedor, desprende unha unha vez realizada a fiscalización do expediente que reflicte a situación económica actual do Concello de Ourense.

O Departamento de Tesouraría dá conta dun remanente para gastos xerais de 123.597.562,59 euros, unha cantidade que se destinará ao pagamento de gastos xa comprometidos ou reservados e á execución de novos gastos e investimentos, avanza o alcalde.

Esta información "din todo o contrario ao que a oposición mantivo durante os últimos meses. O Concello de Ourense non só está moi lonxe de estar na bancarrota que pregonan, senón que ademais é o concello máis saneado de Galicia”, asegura Jácome. A este respecto, incide en que “das 7 grandes cidades galegas, Ourense é a que ten un remanente de tesouraría máis alto por habitante”.

Cabe lembrar que desde a oposición veñen tempo advertindo de que o Concello atópase nunha situación de bancarrota económico e que esto foi, precisamente, un dos motivos que levaron ao partido socialista de Ourense a abrir a porta a unha posible moción de censura na institución municipal, unha cuestión na que xa están traballando xunto ao BNG e ao PP.

Indicador da solvencia financieira da entidade

O remanente de tesourería reflicte a situación de liquidez dunha entidade ao peche do exercicio, e concreta a cantidade que se atopa dispoñible para financiar gastos, polo que resulta un indicador moi importante para valorar a solvencia financeira a curto prazo dunha entidade local.

O Remanente obtense como suma dos fondos líquidos máis os dereitos pendentes de cobranza, deducindo as obrigacións pendentes de pago e agregando as partidas pendentes de aplicación. En síntese, é o indicador que presenta a situación financeira da entidade se, ao 31 de decembro, tivese que pagar todas as súas débedas cos seus recursos a curto prazo.

0.077582120895386