O alcalde de Ourense expresa o seu apoio aos traballadores da planta de Faurecia

OurenseXa
Jácome manifesta o seu compromiso cos empregados e a súa disposición a colaborar na busca de solucións
jacome-faurecia
Jácome recibe a traballadores da planta de Faurecia na Casa do Concello
28 Feb 2025

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu este xoves no Concello o comité de empresa da factoría de Faurecia en Ourense. Escoitou a situación problemática e de incerteza que atravesa o persoal da fábrica ourensá, tras ser coñecedor das  previsións de falla de carga de traballo, que temen que se concrete nos próximos anos.

Durante o encontro, o  rexedor trasladoulles o seu apoio e o do goberno municipal ante o incerto futuro da empresa e dos postos de traballo en Ourense. Pérez Jácome manifestou o seu compromiso cos empregados e a súa disposición a colaborar na busca de solucións e posibles investidores que contribúan a garantir a estabilidade laboral na cidade

⚙ Configurar cookies
0.53698301315308