O alcalde recibe aos tres equipos do Morcegos Ourense, campións galegos de hóckey liña

OurenseXa
Gonzalo Jácome felicitounos polos excelentes resultados deportivos e pola promoción desta modalidade deportiva na cidade
Gonzalo Pérez Jácome recibe aos tres equipos do Morcegos Ourense
4 Xul 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron no salón de plenos do Concello os 3 equipos do Morcegos Ourense de hóckey liña que se proclamaron campións de Galicia esta temporada nas categorías prebenxamín, infantil e promesas. A delegación do equipo ourensán estivo formada polo adestrador principal e presidente, Iván Arias “Yeti”, e o capitán, o porteiro e un xogador ou xogadora de campo de cada un dos tres equipos.

O alcalde e o concelleiro felicitaron o equipo ourensán polos excelentes resultados acadados esta temporada nas diferentes competicións nas que tomaron parte, así como por todo o traballo que realizan para fomentar a práctica desta modalidade deportiva na cidade. Gonzalo Jácome animounos a continuar con este labor e a regresar o ano próximo ao salón de plenos con novos títulos para Ourense.

Morcegos Ourense, creado en 2012, é o único club de hóckey liña da cidade, conta con equipos nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, promesas, sénior masculino e sénior feminino e agrupa máis de 80 deportistas.

0.20311617851257