O alumnado de Dereito do Campus de Ourense visita a Deputación
Alumnos e alumnas de Dereito Constitucional II que están cursando o grao de Dereito no Campus de Ourense, visitaron esta mañá a Deputación de Ourense para coñecer o funcionamento interno, desde o punto de vista técnico, da institución provincial.
Foron recibidos pola vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, quen lles deu a benvida e explicoulles que “aparte do lado político, o traballo diario da Deputación é moi técnico, con asistencia permanente aos concellos da provincia e con iniciativas moi intensas como proxectos europeos e convenios con outras administracións”.
Acompañados polo seu profesor e tamén funcionario provincial, Jaime Antonio Pintos Pérez; tamén participaron no encontro a interventora e o vicesecretario da Deputación, Mónica Legazpi e Adamantino Barreiro, respectivamente, quenes solventaron todas as dúbidas que lles prantexaron os alumnos e alumnas desde o punto de vista técnico e de funcionamento interno da institución provincial.