O alumnado dos obradoiros de emprego traballa na mellora das sendas e infraestruturas en Esgos

O alumnado dos obradoiros de emprego Terra de Mosteiros 2024 e Mancoxove VII están a realizar esta semana a súa formación teórica e práctica no Concello de Esgos, onde desenvolven distintas actuacións.
Por un lado, os participantes no Obradoiro de Emprego Terra de Mosteiros 2024 (albanelería e forestal) están a traballar nas instalacións deportivas da pista de tenis, ao carón das piscinas municipais e reciben a formación teórica no Centro Cultural Parada Justel.
Pola súa banda, os participantes do módulo forestal do Obradoiro de Emprego Mancoxove VII de atención sociosanitaria e forestal dirixido a personas mozas, están a traballar na senda do río Grañal. Ao remate dos obradoiros o alumnado pode obter un certificado de profesionalidade.