O barrio de San Francisco estará conectado co centro Centro de Saúde da Cuña cun autobús urbano

OurenseXa
O Concello asegura que as novas liña comezará a funcionar en xullo e agosto e incluirán unha conexión do barrio de San Francisco co Centro de Saúde da Cuña
Autobuses-urbanos-ourense
24 Apr 2025

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello o presidente da Asociación de Veciños Os Montes, do barrio de San Francisco, Alfonso Pazos, o vicepresidente Alfonso Balvís e o veciño Braulio Bernárdez para tratar diferentes asuntos de interese para o barrio ourensán.

Na xuntanza, o alcalde trasladoulle á asociación veciñal o compromiso de que nas novas liñas do servizo de autobuses urbanos, que comezarán a funcionar en xullo e agosto, se incluirá unha conexión do barrio de San Francisco co Centro de Saúde da Cuña. Esta nova comunicación en transporte público, afirmou Pérez Jácome, dará resposta a “unha demanda histórica” da veciñanza do barrio. Na xuntanza tratáronse diferentes propostas de mellora para esta zona da cidade. Entre elas, o alcalde avanzou que o Concello eliminará os pivotes emprazados na propia beirarrúa do tramo inferior da rúa Pena Trevinca, xa que “non teñen ningún sentido”.

⚙ Configurar cookies
0.17077493667603