O BNG condena as declaracións de Jácome sobre o Athletic e o acusa de deixar á cidade nunha “situación vergoñenta”

O BNG de Ourense amosa o seu “rexeitamento total” declaracións do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, referidas ao Athletic Club de Bilbao. A través da súa conta de twitter, o rexedor publicaba que “al Ourense CF le tocó la pedrea del bombo en la Copa del Rey” e referíase ao conxunto como “el Bilbao”, denominación que molesta aos afeccionados do Athletic. Non é a primeira vez que o alcalde de Ourense carga contra o equipo, ao que en 2024 acusaba de “xenófobo”.
As críticas polo tweet non tardaron en saltar. O propio Ourense CF, tamén a través da súa conta de X (antigo tweeter), facía pública a súa admiración polo seu adversario. “Ourense se vestirá de gala para recibir a un histórico del fútbol, y de sus valores”, sinalaba o conxunto local, en clara oposición ás palabra do acalde.
Dende o BNG de Ourense, súmanse ás críticas pola actitude despectiva do alcalde contra o conxunto vasco, un dos equipos con maior traxetoira de todo o panorma nacional, cualificando as palabras de Pérez Jácome de impropias para un alcalde. “Esas declaracións non as fai un veciño ou veciña na barra dun bar, fainas o Alcalde que representa ao conxunto da veciñanza e tamén ao conxunto dos clubes deportivos de Ourense. Esas declaracións demostran ademais que Gonzalo Pérez Jácome descoñece o que é a xenofobia”, sinala Luis Seara, voceiro nacionalista no Concello.
O portavoz entende que con esas declaracións, Jácome demostra “descoñecer a filosofía do Athletic Club”, saliendando que “se algún equipo se caracteriza pola integración é o Athletic Club de Bilbao. Esas declaracións deixan a imaxe de Ourense polo chan, como en tantas outras ocasións e ademais tamén coloca aos clubes deportivos que compiten fóra das nosas fronteiras nunha situación moi delicada”.
Seara manifestou as desculpas do BNG ao Athletic Club, “a súa directiva, aos xogadores e ás aficionadas e aficionados, porque para nós si que é desde logo un auténtico privilexio xogar cun equipo que é historia viva do Balompé e que ademais é o segundo equipo que máis Copas do Rei leva gañado. Non é desde logo unha pedrea, é un auténtico privilexio poder xogar contra eles”.