O BNG critica os atrasos no pagamento das subvencións ás entidades do terceiro sector por parte do Concello de Ourense

OurenseXa
Os nacionalistas celebran que estas entidades por fin vaian recibir as subvencións pendentes correspondentes a 2022 e achacan os atrasos á “falta de planificación” por parte do executivo de Pérez Jácome
Rhut Reza, Concelleira do BNG no Concello de Ourense.JPG
Rhut Reza
20 Jan 2026

O Grupo municipal do BNG valorou positivamente que, tras anos de espera, as entidades do terceiro sector finalmente vaian recibir as subvencións pendentes correspondentes a 2022. “Por fin as entidades, ás que por culpa dunha neglixente planificación orzamentaria do Goberno local de DO se lles negou durante anos a subvención á que tiñan dereito, van finalmente a recibir os cartos”, sinala a concelleira nacionalista, Rhut Reza.

A edil recordou que en 2026 “van cobrar aquela subvención do ano 2022 que o Goberno de Democracia Ourensana lles negou” e subliña que desde o BNG levan desde ese mesmo ano denunciando o que consideran unha “inxustiza” e achacan esta situación á “falta de planificación” do executivo de Pérez Jácome.

Porén, Reza advirte que a situación podería repetirse coas subvencións de 2023 e 2024. Segundo explica a concelleira, “onte mesmo se publicaron no BOP os decretos finais de decembro relativos ás axudas para esas convocatorias, destinadas a entidades que quedaron inicialmente fóra por falta de crédito”. Por iso, expresou a súa esperanza de que “desta volta, en canto as entidades presenten a documentación xustificativa no prazo dun mes, o Goberno local actúe con maior rapidez e as axudas se aboen sen que teñan que agardar anos, como ocorreu en 2022”.

⚙ Configurar cookies
0.095360994338989