O BNG de Amoeiro denuncia a “falta de transparencia” da Xunta sobre as inspeccións na residencia do Cerval

OurenseXa
“A opacidade do PP é unha agresión directa contra a veciñanza máis desprotexida”, afirma o responsable local do BNG, Marcos Blanco
Marcos Blanco e Agustín Gómez. BNG de Amoeiro
Marcos Blanco e Agustín Gómez. BNG de Amoeiro
4 Dec 2025

O BNG de Amoeiro denuncia a “falta de transparencia” da Xunta de Galicia en relación ás inspeccións das residencias de maiores, especialmente tras o peche da residencia do Cerval por graves deficiencias.

Marcos Blanco, responsable local do BNG, critica “a opacidade do PP é unha agresión directa contra a veciñanza máis desprotexida”, e lembra que o BNG no Parlamento galego solicitou a documentación completa sobre as condicións destas residencias, incluíndo informes e actas de inspección, pero o Partido Popular “votou en contra desta iniciativa”, impedindo que se fagan públicos datos fundamentais para garantir o dereito da cidadanía a estar informada sobre a atención ás persoas máis vulnerables.

O responsable nacionalista criticou que esta actitude do PP “evidencia unha vez máis que opta por priorizar intereses particulares fronte aos dereitos fundamentais das persoas máis vulnerables”.

O BNG de Amoeiro reafirma o seu compromiso coa defensa das persoas maiores e dependentes e anunciou que continuará “impulsando todas as accións necesarias, tanto a nivel municipal como nacional, para o total esclarecemento dos feitos que motivaron o peche da residencia do Cerval”.

⚙ Configurar cookies
0.083116054534912