O BNG de Nogueira de Ramuín denuncia que o Concello leva meses sen convocar plenos

Lembran que en 2023 acordouse fixar a periodicidade das sesión cada dous meses e alertan de que o actual Rexedor “leva meses sen cumprir co acordado”
Carmen-Armesto-bng-nogueira-de-ramuin
Carmen Armesto, voceira do BNG en Nogueira de Ramuín
20 Apr 2025

A Portavoz do BNG no Concello de Nogueira de Ramuín Carmen Armesto, denuncia que “no Concello de Nogueira de Ramuín levamos varios meses sen que se celebre un Pleno en sesión ordinaria, a pesar de que, segundo se acordou o pasado 14 de xullo de 2023, durante o presente mandato as sesión plenarias ordinarias celebraríanse cada dous meses, fixándose para a súa convocatoria o último venres de mes, ás 9:30 horas”.

Desde a formación nacionalista instan ao actual Rexedor a que se dea cumprimento ao acordo plenario adoptado na devandita sesión do 14 de xullo de 2023, “respectando a periodicidade establecida para as sesións ordinarias do Pleno, tal e como dispoñen tamén os artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais”.

Armesto sinala que “desde o mes de xaneiro de 2025 non se está a cumprir co establecido, polo que se instamos ao Alcalde a que proceda, sen máis demora, á convocatoria das sesións ordinarias conforme ao acordo plenario e á normativa vixente”.

⚙ Configurar cookies
0.16965508460999