O BNG de Ourense denuncia que a supresión del Servicio ORA deixará á cidade sen grúa municipal

OurenseXa
Os nacionalistas opóñense á supresión deste servizo, anunciado para o vindeiro 1 de xaneiro, advertindo dun posible “efecto dominó” na mobilidade do concello
Luis-seara-bng-ourense
24 Oct 2025

O Grupo municipal do BNG reafirma a súa oposición á supresión da ORA mais advirte que como consecuencia de dita supresión, a cidade pode quedar sen guindastre municipal pois ambos servizos figuran no mesmo contrato

O Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense advirte de que a supresión do Servizo da ORA previsto para o vindeiro 1 de xaneiro de 2026, podería deixar á cidade sen grúa municipal dado que, segundo explican, ambos servizos figuran no mesmo contrato.

A supresión está recollida na Ordenanza reguladora das Zonas de Baixas Emisións (ZBE), recentemente aprobada de xeito definitivo e, para o BNG, “pode provocar un efecto dominó na mobilidade do concello e mesmo ter efectos contrarios aos agardados, algo do que nós vimos advertindo desde hai tempo”.

Os nacionalistas cuestionan a supresión do estacionamento regulado xa que advirten, pode deixar sen guindastre municipal á cidade, xa que este servizo atópase inxerido no mesmo contrato que o da ORA e é prestado pola mesma empresa a cal, deixará de operar o día 1 de xaneiro de 2026. Luís Seara sinala que “temos preguntado en varias ocasións ao Goberno Local por como pensa resolver esta cuestión e até o de agora o único que obtivemos foi a calada por resposta” e engade, “estamos a falar dun servizo moi importante e entendemos que unha cidade como a de Ourense non pode quedarse sen guindastre municipal”.

Desde o BNG trasladan a necesidade de que o Executivo de Jácome aclare “se os guindastres cos que traballa actualmente a empresa son de titulariedade municipal quen vai empregalos a partir do día 1 de xaneiro, vai ser persoal contratado, persoal municipal ou sinxelamente non se van empregar e a cidade vai quedar sen este servizo” e, diante desta situación, consideran que “cómpre avaliar seriamente a posibilidade de remunicipalizar o servizo de guindastre”.

Os nacionalistas esixen ao Goberno Local “máxima atención e vixilancia ante a posibilidade de que a empresa, sabedora de que deixará de prestar servizos no Concello de Ourense a partir do 1 de xaneiro de 2026 pretenda menoscabar ou furtar dereitos laborais ás e aos traballadores do Servizo. O Concello ten que permanecer atento e velar polo interese deste persoal”.

⚙ Configurar cookies
0.079424142837524