O BNG de Xunqueira de Ambía critica a falta de actos polo 8M

Piden ao Goberno municipal “estar á altura” do compromiso coa igualdade e lembran que no resto de concellos da contorna organizáronse actos de todo tipo para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora
8M-xenerica-imaxe
9 Mar 2026

O BNG de Xunqueira de Ambía critica a falta de actos oficiais polo Día Internacional da Muller Traballadora por parte do equipo de Goberno e lembran “o 8M non é unha data máis no calendario” senón “memoria, é loita e é compromiso”, polo que piden ao Concello “estar á altura” dese compromiso coa igualdade.

As nacionalistas denuncian que “mentres nos concellos da contorna organízanse andainas, contacontos para crianzas, encontros de mulleres, actividades para persoas maiores, lecturas de manifestos, actos simbólicos ou iniciativas para falar de igualdade”, en Xunqueira de Ambía “o máximo que optamos é que o propio día se comparta unha imaxe atopada na internet ou da campaña da Xunta, como veñen facendo nos últimos anos, sen crear contido propio nin compromiso real co 8M”.

Por iso, piden ao Goberno municipal que organice actividades propias antes e despois desta data como se fai nos concellos veciños.

0.10613203048706